A Concellería de Ensino pon en marcha o programa ¿Como se chama a miña aula?
A Concellería de Ensino elaborou, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, un programa educativo que permitirá dar a coñecer persoeiros de diversos ámbitos que contribuíron a crear unha cultura propia en Galicia.
Un dos obxectivos deste programa é contribuír á galeguización dos centros de ensino mediante un achegamento dos rapaces á cultura galega mediante a promoción de destacadas personalidades. ”Trátase de que, desde a identificación e valoración do propio se poidan adquirir coñecementos universais, como un sinal de apertura ó mundo”, explicou a concelleira Ana Gandón.
A responsable da Mesa pola Normalización Lingüística en Vigo, María Xosé Rial, indicou que este programa trata de galeguizar as distintas dependencias do espacio educativo dándolle o nome propio dunha persoa destacada nese mesmo ámbito. Dese xeito, rotularase a aula de vídeo co nome de Chano Piñeiro ou de Carlos Velo, por exemplo.
Neste programa participarán 21 centros educativos vigueses de primaria e secundaria. A Concellería de Ensino xa realizou o primeiro envío de material e, cando poñan en práctica o xogo de identificación dos personaxes, remitiralles a rotulación para colocar nas dependencias correspondentes.