Bases do V Concurso de Carteis ” Festas do Cristo da Victoria”
A Comisión de Goberno aprobou na súa última xuntanza as bases da quinta edición do concurso de carteis que se utilizará na difusión do programa das ” Festas do Cristo da Victoria 2001”, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
BASES DO CONCURSO
1. O obxecto deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na difusión do programa das FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA 2001, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo.
Neste concurso de carteis poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de seren inéditas.
2. Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de 40 x 55cm, e presentaranse suficientemente protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición.O soporte non poderá exceder en máis de 3 cm por cada lado ó orixinal. A técnica utilizada será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reproducción fotomecánica.
En caso de remitirse facturados, o Concello de Vigo non responderá de posibles desperfectos, nin extravíos, como tampouco da súa devolución.
Así mesmo, o Concello de Vigo non responderá dos posibles desperfectos ou danos que poidan sufri-los carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontaxe, en caso de realizarse algunha exposición deles (base nº 9). Por este motivo, recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón, cartón-pluma ou similar, evitando na medida do posible o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.
3. Os orixinais, ademais do logotipo e anagrama oficial do Concello de Vigo, deberán incluír necesariamente os seguintes textos:
* FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA 2001.
* VIGO.
* XULLO E AGOSTO.
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo que poidan xurdir.
Así mesmo, a Concellería de Festas e Animación Sociocultural resérvase a facultade de modificar ou substituí-lo logotipo e anagrama que apareza no orixinal, así como de varia-la súa localización na composición definitiva do cartel que se edite.
4. Os carteis presentaranse na Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo (Praza do Rei s/nº: 36202 VIGO), en horario de 9 a 13 horas: o prazo de presentación finalizará ás 14´00 h. do día 4 de xuño. Non serán admitidos os carteis que se reciban no citado departamento con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do retraso.
5. Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se poderá trocar no seu día polo traballo presentado. Os que se reciban facturados serán devoltos o seu autor-a, se así o solicita, unha vez verificado o concurso: todo isto sen prexuízo do previsto na base nº 9.
Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende a data de adxudicación do concurso, sen que os autores dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que renuncian a estes, e o Concello de Vigo poderá dispoñer libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase. Os gastos de envío e devolución serán por conta dos concursantes.
6. Os carteis serán presentados sen sinatura do autor-a e baixo un lema, que estará escrito no dorso do cartel, acompañados dun sobre cerrado que porá no seu exterior o mesmo lema do cartel. No interior do sobre depositarase unha nota escrita a máquina ou rotulación adecuada, co nome e apelidos do autor-a, residencia, domicilio, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente.
O incumprimento dalgún destes aspectos poderá ser motivo de descualificación.
7. Establécense para este concurso os seguintes premios e accésits:
PREMIO ÚNICO ..................... 500.000.- PTAS.
2 ACCÉSITS ............................ 100.000.-PTAS, cada un.
Os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar.
O premio único ou os accésits poderán ser declarados desertos polo xurado do concurso. Caso de que o xurado estimase que ningún dos traballos presentados resulta adecuado para se-lo cartel anunciador oficial das FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA 2001, o Concello de Vigo resolvería polos seus propios medios a edición do mencionado cartel.
8. As obras gañadoras, tanto do primerio premio como dos accésits, quedarán en propiedade do Concello de Vigo, e cederá o/a autor/a en exclusiva e irrevogablemente, o dereito de impresión ou reproducción, total ou parcialmente, en calquera modalidade, tamaño ou soporte, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, e poderanse realiza-las correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.
9. O Concello de Vigo resérvase o dereito de organizar exposicións públicas con todos ou parte dos carteis presentados ó concurso, en local, datas e horas que se determinarán. Neste suposto, os carteis deberán ser retirados polos propios autores ou persoas que os representen, no prazo de trinta días naturais seguintes ó da clausura da derradeira das exposicións.A selección das obras que se inclúan na exposición será realizada polo xurado do concurso.
10. A composición do xurado será a seguinte:
PRESIDENTA: A concelleira de Festas e Animación Sociocultural , ou persoa na que delegue.
VOCAIS: Tres persoas que designará o Concello de Vigo, relacionados co mundo das artes, da imaxe, dos medios de comunicación...
SECRETARIO: Un técnico da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, con voz e sen voto.
En caso de empate resolverá o voto de calidade da presidenta do xurado.
11. A concelleira de Festas e Animación Sociocultural está facultada para resolve-las posibles eventualidades ou controversias que poidan xurdir, non previstas nestas bases.
12. A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.
Descargar todas as imaxes