A Concellería de Muller asina un convenio coa asociación Dorna para o mantemento do seu obradoiro teatral
O Concello de Vigo asinou un convenio para o mantemento do obradoiro permanente de expresión vital e formación teatral da asociación de mulleres Dorna, dotado cunha contía dun millón de pesetas.
O grupo teatral do colectivo Dorna xurdiu co afán de contribuír a darlle maior protagonismo ás mulleres no ámbito cultural, segundo sinalou a presidenta da asociación, Aura González.
Dorna é a asociación de mulleres máis veterana de Vigo, xa que iniciou a súa andaina hai 25 anos. A súa traxectoria de organización de cursos de autoestima, clases de alfabetización, visitas culturais e actividades artesanais, entre outros, céntrase no barrio de Coia. Apoia tamén as distintas causas solidarias e progresistas relacionadas coa promoción da igualdade da muller. Na actualidade, este colectivo conta con 700 socias.