Escoitar

II Xornadas de teatro escolar no auditorio municipal

venres, 4 mai 2001
imx184.jpg
As concellerías de Educación e Xuventude organizan as II Xornadas de Teatro Escolar que se celebrarán do 7 ó 11 de maio no auditorio do Concello de Vigo. Con esta iniciativa preténdese que o alumnado que contempla a actividade teatral no seu currículo poida dar a coñecer o seu labor ante os demais centros educativos.

Os centros de secundaria decidiron unirse a este encontro, xunto cos de primaria, nunha das xuntanzas trimestrais que realizan coa concelleira Ana Gandón. Estas xornadas servirán tamén para estimular a creatividade dos rapaces que non dispoñen de clases de teatro nos seus centros de ensino, xa que poderán acudir como espectadores.

Debido ó aforo limitado do auditorio municipal, só poderán asistir, en horario de mañá, os centros que o solicitaron por rigorosa orde de petición. A entrada polas tardes será libre ata encher a sala.

Programa

Luns, día 8
HORA: 12.00
GRUPO TEATRAL DO CEIP ”CANICOUBA”
OBRA: ”!Mamasiña, que medo!”
AUTORA: Chus Pereiro
DURACIÓN: 1 hora
DESTINATARIOS/AS: 2º e 3º ciclo de educación primaria.
SINOPSE: Celidonia Colondra, bruxa desdentada e destemida, organiza coas súas comadres unha noite de bruxas nun lugar afastado chamado Xalundres. A Celidonia non lle gustan nin os mosquitos nin os turistas, alí non os hai, así que todo vai ben ¿Ou non?...

Martes, día 8
HORA: 12.00
GRUPO TEATRAL DO CEIP ”SEIS DO NADAL”
OBRA: ”Carrapuchiña vermella”
AUTORA: Chus Pereiro
DURACIÓN. 30 minutos
DESTINATATIOS/AS: 1º ciclo de educación primaria.
SINOPSE: Variante ecolóxica do conto tradicional…


GRUPO TEATRAL DO IES ”BEADE”
HORA: 19.00
OBRA: ”Las locas aventuras en la Mancha” (1ª parte de ”El Quijote”)
AUTOR: Miguel de Cervantes
DURACIÓN. 1 hora
DESTINATARIOS/AS: Educación secundaria obrigatoria
SINOPSE: Teatro de sombras con personaxes-marionetas elaborados polo propio alumnado en plástico duro, que representan unha selección de dez escenas da primeira parte do Quixote.

Mércores, día 9
HORA: 12.00
GRUPO TEATRAL DO CEIP ”SOBREIRA VALADARES”
OBRA: ”A estreliña na terra”
AUTORA: Pura Vázquez
DURACIÓN: 30 minutos.
DESTINATARIOS/AS: 2º e 3º ciclo de educación primaria
SINOPSE: Conta as peripecias duns estudiantes e dun gato moi sabichoso, cando confunde unha estrela cunha rata.


GRUPO TEATRAL DO IES ”SANTO TOMÉ DE FREIXEIRO”
HORA: 19.00
OBRA: ”A fiestra valdeira”
AUTOR: Rafael Dieste
DURACIÓN 1 hora
DESTINATARIOS/AS: Educación secundaria obrigatoria
SINOPSE: A acción ten lugar nunha vila mariñeira galega a principios do século pasado. Don Miguel é un vello mariñeiro acomodado que fixo fortuna no Brasil, onde estivo emigrado coa súa muller Balbina e a súa filla Adela. Don Miguel conserva as súas vellas amizades de cando era mariñeiro e encárgalle a un pintor unha fiestra pola que se vexa o peirao, cos barcos de fondo. O problema vén cando a familia de Don Miguel pide que se cambio o fondo do peirao por outro máis elegante e sofisticado.

Xoves, día 10
HORA: 12.00
GRUPO TEATRAL DO CEIP ”IGREXA VALADARES”
OBRA: ”Zongalo Quirico”
AUTORA: Gloria Sánchez
DURACIÓN: 30 minutos
DESTINATARIOS/AS: 2º e 3º ciclo de educación primaria
SINOPSE: Trátase dun galo que come a Vemiño e que está moi orgulloso porque foi invitado á festa que se ía celebrar na casa do tío Perico. Ó chegar alí decátase de que o tío Perico é o raposo.


GRUPO TEATRAL ”SARAIBA” DO IES ”POLITÉCNICO”
HORA: 19.00
OBRA: ”A tía lambida”
AUTOR: Eduardo Blanco Amor
DURACIÓN: 45 minutos
DESTINATARIOS/AS: Educación secundaria obrigatoria
SINOPSE: É unha escena única, onde varios personaxes van pasando pola casa da Tía Lambida para pedirlle diversos obxectos ou consellos. As peticións que fan, Edesia, Xanuca, Maruxiña, Muller, Tereixa, percorren distintos aspectos da vida rural e popular pero ó mesmo tempo mentan as temáticas máis comúns: emigración, supersticións e relacións sociais do ambiente popular. Os sete personaxes que interveñen aparecen nun tempo e lugar non definido.

Venres, día 11
HORA: 12.00
GRUPO TEATRAL DO IES ”TEIS”
OBRA. ”O oso”
AUTOR: Antón Chéjov
DURACIÓN. 1 hora
DESTINATATIOS/AS: 3º ciclo de primaria e educación secundaria obrigatoria.
SINOPSE: Neste xoguete cómico, prodúcese o encontro de dous personaxes contrapostos: Gregorio Stepanovich, home de rudos modais e aparentemente insensible, e Elena Ivanovna, muller moza, viúva e de bon ver, pechada voluntariamente na súa casa, dende a morte do seu home. Ningún dos personaxes está disposto a ceder ante o conflicto que se lles presenta, ”unha débeda impagada, do finado home de Elena”

GRUPO TEATRAL ”AULATALIA” DO IES “ÁLVARO CUNQUEIRO”
HORA: 19.00
OBRA: ”O retabuliño de D. Cristovo”
AUTOR: Federico García Lorca
DURACION: 45 minutos
DESTINATARIOS/AS: 2º ciclo da ESO e bacharelato
SINOPSE: D. Cristovo é un vello libididoso que non dubida en valerse do seus diñeiro para casar cunha rapaza nova. A propia natureza será quen castigue esta ”transgresión” do vello.
Descargar todas as imaxes