Castrillo inaugura o Centro Cívico de Teis que quere dotar dos instrumentos necesarios o movemento asociativo
O alcalde, Lois Castrillo, inaugurou o Centro Cívico de Teis que se converterá nun espacio neurálxico da cultura, das relacións sociais e do deporte nesta parroquia. A creación desta instalación enmárcase nun programa do Goberno municipal que pretende organizar e dotar dos instrumentos necesarios o movemento asociativo.
Este centro quere achegar a Administración municipal á cidadanía e dotar este barrio de infraestructuras como un auditorio, un parque infantil ou unha pista deportiva. O alcalde anunciou que proximamente se abrirá un vial que desconxestionará o tráfico en Sanjurjo Badía.
Coa rehabilitación dunha antiga vivenda, dótase ao barrio dunha instalación municipal que presta distintos servicios desconcentrados de carácter informativo, cultural, lúdico-recreativo, administrativo e formativo: Centro de Atención Municipal (CAM), sala relacional, aulas de formación, taller de cociña, biblioteca-sala de estudios e aula informática-ciberteca.
Nunha segunda fase, xa en marcha, estase construíndo un auditorio e o peche parcial do recinto do centro. Deste xeito, os veciños de Teis poderán disfrutar dun auditorio-teatro, cunha superficie construída de 920 m2 e un aforo de 300 persoas, que ademais acolle unha sala de exposicións e de encontros.
No próximo ano dotarase o barrio dunha pista exterior polideportiva cuberta, ademais da urbanización e axardinamento da parcela. O que se pretende deste xeito é a posta á disposición dos usuarios dunha pista deportiva ao aire libre para a práctica de deporte en pista (balonmán, baloncesto, tenis, fútbol sala...) e, en previsión dun uso máis intensivo, prevese a cuberta da pista. Incluirase unha zona de xogos para nenos e unha zona de barbacoas para futuras celebracións ao aire libre, servicios e vestiarios.
Investimento
*Obras de rehabilitación: 201.338 euros.
*Mobiliario: 32.695 euros.
*Aula Informática: 10.474 euros.
*Informatización Oficina Administrativa e Centro de Atención Municipal: 8.114 euros.
*Auditorio: 650.000 euros.
Descargar todas as imaxes