Escoitar

A concellería de Tráfico instalará semáforos en Sanjurjo Badía e Gregorio Espino

luns, 14 out 2002
A Comisión de Goberno acordou a instalación de semáforos no cruce de Sanjurjo Badía coas rúas Purificación Saavedra e Robleda. O departamento de Tráfico estima que a confluencia desas rúas debe estar regulada semaforicamente para aumentar a seguridade dos peóns (a proximidade do mercado fai que sexa unha zona moi transitada). Así mesmo, a instalación de semáforos facilitará os xiros do autobús urbano e das furgonetas que se achegan ao Mercado.

Tamén se van instalar semáforos nos pasos de peóns da rúa Gregorio Espino. Neste caso, os semáforos activaranse mediante un pulsador. O departamento de Tráfico considera necesaria a súa situación para mellorar a seguridade dos peóns nesta rúa, unha das que máis circulación soportan en Vigo.