Escoitar

O Concello inviste medio millón de euros na humanización da rúa Canceleiro

O Concello acometará a humanización da rúa Canceleiro, entre Areal e Rosalía de Castro, cun importe de medio millón de euros, tal e como se aprobou hoxe venres na Xunta de Goberno Local. Unha reunión na que tamén se deu luz verde á prantación de 100 novas árbores na Avenida Castelao.

venres, 20 set 2013
1379681819Imagen006.jpg
O alcalde deu conta hoxe venres da aprobación en Xunta de Goberno do proxecto da rede separativa de fecais e pluviais da rúa Canceleiro, entre Areal e Rosalía. Tal e como explicou, a humanización, cun coste de medio millón de euros, estará rematada en seis meses. Incluirá a creación dunha rede separativa de pluviais e fecais, así como a renovación de beirarrúas, ou a plantación de 17 árbores, 8 puntos de luz, bancos, papeleiras e xardineiras.

Outro dos asuntos que recibiu luz verde na reunión semanal do goberno local foi o proxecto de valoración do arbolado existente e novas plantacións nos xardíns da Avenida Castelao. A finais do mes de novembro, colocaránse 100 novas árbores, que se sumarán aos 300 que xa foron prantados. O obxectivo é substituir os chopos en mal estado por novos exemplares de 5 bosques distintos: ripario, atlántico, mediterráneo, ultramar e montaña.

Por outra banda, o rexedor situou en dúas semanas o inicio do derrubamento do antigo restaurante El Castillo. Lembrou que se retirará a edificación completa e os muros de contención, así como a terraza exterior. Trátase, dixo, dunha operación de recuperación de toda a muralla da fortaleza de O Castro.
Descargar todas as imaxes