Escoitar

O alcalde asegura que a "movilización" tivo "enorme efecto" na cuantía a devolver polo tax lease

O Goberno de España cifrou en 126 os millóns a devolver a Europa polas axudas concedidas ao naval en virtude do sistema de bonificacións fiscais coñecidos como tax lease, tras ser declarado ilegal pola Comisión Europea. Caballero defende recorrer esa decisión e ve na presión realizada o motivo polo que a cantidade pasou dos 3.000 millóns que se barallaban inicialmente aos 126 propostos por España.

xoves, 19 set 2013
1379591863Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo ve na "movilización" iniciada polas centrais sindicais e o Concello o motivo polo que a cantidade a devolver polo naval español a Europa pasou dos ata 3.000 millóns de euros estimados inicialmente aos 126 cifrados onte polo Goberno de España. A Unión Europea declarou ilegal o sistema de bonificacións fiscais, coñecido como tax lease, do que se beneficiou o sector e obrigou á devolución.

Abel Caballero asegurou que a devandita presión realizada "tivo un enorme efecto" e conseguiu que "algúns cederan no pulso", como evidencia a cifra total a devolver, pendente ainda da confirmación europea.

O alcalde recordou que a cifra "óptima" a reitegrar a Europa son "cero euros" e valora positivamente a decisión estatal de recorrer a resolución europea que declarou o sistema ilegal.
Descargar todas as imaxes