Escoitar

O alcalde informará aos grupos políticos das xestións municipais para potenciar Peinador

Abel Caballero anunciou este mércores que convocou aos grupos políticos da oposición a unha reunión o próximo luns, ás 11 horas, para informarlles das xestións realizadas ata o momento e das próximas reunións que manterá o Concello coas aeroliñas Vueling e Volotea.

mércores, 18 set 2013
1379505685Imagen005.jpg
O alcalde cita aos grupos políticos na Alcaldía para informarlles do traballo realizado desde o Concello para potenciar Peinador dentro do plan de dinamización do aeroporto deseñado polo goberno vigués. Nesta reunión, que terá lugar o luns ás 11 horas, Caballero dará conta das reunións que manterán en Barcelona técnicos municipais con responsables de Volotea e Vueling, mañá xoves e o venres.

Explicou Caballero que estas entrevistas presentan un carácter técnico e terán continuidade en sucesivas reunións a celebrarse a próxima semana, xa coa presenza do propio alcalde. Dentro da planificación do Concello está ir adiantando as xestións para a implantanción de Volotea en Vigo, alomenos durante dous anos e tras o visto bo do Pleno á aportación de 363.000 euros á compañía. Con Vueling trabállase na potenciación da ruta con Barcelona e no intento de recuperar a conexión de Vigo co aeroporto londinense de Heathrow, algo no que "somos escépticos", segundo o rexedor.
Descargar todas as imaxes