Escoitar

O alcalde confirma que Iberia operará o Vigo-Madrid de primeira hora desde o 28 de outubro

Iberia Express decidiu atender á petición realizada por Caballero á compañía o pasado 4 de setembro en Madrid e asumirá a conexión con Madrid de primeira hora da mañá que deixou de operar Air Europa. Así, Peinador logra un voo ás 06:50h de luns a sábados, ademais do das 08:00h dos domingos.

martes, 17 set 2013
1379417814alcalde4.jpg
En declaracións aos medios, o alcalde de Vigo confirmou este martes que Iberia Express atenderá á solicitude realizada polo propio Caballero e operará diariamente, desde o próximo 28 de outubro, a conexión de primeira hora da mañá entre Vigo e Madrid.

Segundo informou Caballero e confirmou a propia filial de Iberia, a compañía fletará un voo con saída ás 06:50 horas desde Peinador diariamente de luns a sábados, e os domingos partirá ás 08:00 horas. O alcalde apuntou que a empresa "non descarta en absoluto" asumir tamén o destino de Tenerife, que Air Europa deixa de facer en Vigo.

A conexión Vigo-Madrid de primeira hora da mañá é "o avión máis importante" para a terminal viguesa ao ser básico "para unha cidade de negocio" como Vigo, aseverou Caballero, quen adiantou que o Concello e Iberia Express colaborarán para facer unha "campaña informativa" divulgando a nova programación. A filial de Iberia reaxusta os horarios das súas conexións entre a cidade olívica e a capital de España e suple así o "abandono" de Air Europa como "consecuencia da competencia desleal" provocada polas subvencións públicas de A Coruña á devandita aeroliña.
Descargar todas as imaxes