O sistema de alumeado do Calvario produce maior iluminación cun menor consumo
Os concelleiros de Vías e Obras e Servicios Electromecánicos, Uxío González e Henrique Vieitez, presentaron o novo sistema de alumeado instalado na primeira fase de humanización do Calvario. As farolas colocadas teñen un menor consumo, producen unha maior iluminación e evitan a contaminación lumínica, expresou Vieitez.
As 22 farolas instaladas son de ferro fundido e aceiro, polo que teñen unha duración estimada de 100 anos e precisan un escaso mantemento. O prezo unitario é de 1.175 euros, fronte aos 2.100 euros que custa cada farola fernandina e, ademais, as modernas consomen 70 watios e as antigas 250 watios.
Vieitez destacou a colaboración existente entre os distintos departamentos que redunda no beneficio da cidade e a aposta importante do Goberno municipal para revitalizar esta zona da cidade. Os concelleiros recibiron tamén as congratulacións dos representantes dos comerciantes, que se amosaron satisfeitos polo primeiros resultados das obras.
As condicións estéticas destas farolas modernas complementaranse coa instalación de bancos e xardineiras que embelecerán o lugar para os veciños do Calvario co fin de gañar calidade de vida mediante a peonalización de espacios en zonas moi urbanizadas.
Descargar todas as imaxes