Parques e Xardíns instalará novos xogos en 16 centros educativos
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns adquiriu 26 xogos de plástico brando que serán instalados en centros educativos da cidade. Estes xogos colocaranse co obxectivo de mellorar as instalacións dos colexios vigueses e adaptalos ás novas normativas, para que os nenos poidan disfrutar destes xogos con maior seguridade.
Os xogos están adaptados tanto ás normativas autonómica como europea polo que cumpren os requisitos esixidos como, por exemplo, sobre os materiais utilizados na súa elaboración, o seu deseño ou as características preceptivas para garantir a seguridade como os bordes redondeados para evitar que se manquen os nenos cando xoguen.
Á parte de cumprir estas normativas, escolléronse xogos moi lúdicos, cunhas cores moi vivas e chamativas que, ademais, conteñen elementos socioeducativos que fomentan non só a convivencia e interrelación dos nenos senón tamén a súa imaxinación á hora de xogar.
En total, instalaranse 3 tobogáns, 9 casas country, 8 canastras e 6 ximnasios que serán distribuídos do seguinte xeito:
-Os 3 tobogáns para o CEIP Nogal, CEIP Palencia e o CEIP Sobreira.
-As 9 casas country para o CEIP Sobreira, CEIP Valadares-Igrexa, CEIP Javier Sensat (Alcabre), CEIP Valle Inclán de Vilar (Lavadores), CEIP Tintureira (Coruxo), CEIP Escultor Acuña (Coia), CEIP San Salvador de Teis e o CEIP Eijo Garay.
-Os 6 ximnasios para o CEIP García Barbón, CEIP Mestres Goldar (Castrelos), CEIP Chans (Bembrive), CEIP Carrasqueira (Coruxo), CEIP Escultor Acuña (Coia) e o Chouzo.
Destes xogos beneficiaranse un total de 16 colexios públicos, dos cales disfrutarán aproximadamente 3.400 nenos da nosa cidade. A partida destinada a estos xogos é de 6.105,66 euros.