Apoio aos enfermos de cancro tratados con ZOMETA
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e o concelleiro de Sanidade, Santiago Domínguez, manifestan o seu apoio ao grupo de enfermos de cancro que reciben tratamento no Hospital Xeral de Vigo, pola situación que están a atravesar ante a negativa do centro sanitario a tratalos con ZOMETA.
Os avances no tratamento do cancro están a mellorar a calidade de vida dos pacientes. Existe no mercado desde o ano pasado un novo tratamento denominado ZOMETA que se demostra máis eficaz na prevención e tratamento de metástases óseas asociadas a gran número de tumores entre eles o de mama. O tratamento deste fármaco supón axilidade na súa aplicación pasando de dúas horas a 15 minutos ademais da súa eficacia terapéutica.
Utilizase nestes momentos en 65 países e está recomendado por unha directriz europa desde abril deste ano. En España o medicamento está indicado polo Ministerio de Sanidade e se subministra en centros hospitalarios do Estado incluídos os dependentes do SERGAS.
No caso do Hospital Xeral de Vigo, receitouse polo equipo de oncólogos a algúns do seus pacientes, pero o Servicio de Farmacia do Centro Hospitalario, incumprindo o dictame dos especialistas nega o subministro aos pacientes.
Debido á posición exercida polo colectivo de enfermos finalmente decídese comezar o subministro do fármaco, limitándoo a unha soa das súas aplicacións quedando excluídas 9 mulleres con cancro de mama con complicacións de metástases óseas.
”Parece evidente que se está dando un claro caso de discriminación no tratamento de pacientes coas mesmas patoloxías nos diversos centros de saúde da comunidade autónoma, sendo ademais un fármaco receitado polos facultativos. Producindo ademais agravios comparativos nun tema tan importante como é a saúde pública”, afirmaron Domínguez e Sío.
Os concelleiros do Goberno municipal subliñan que ”non queremos pensar que esta non administración do fármaco se deba ao diferente custe deste con respect oo anterior (419 €-277 €). En todo caso instamos ás autoridades sanitarias do SERGAS a dar unha resposta pública sobre o caso”.