As ludotecas municipais propoñen un achegamento á televisión e aos dereitos dos nenos
As ludotecas municipais de Vigo propoñen para este mes de novembro un achegamento ao mundo da televisión, os dereitos dos nenos, África, o lonxano oeste e o magosto.
Casa da Xuventude (López Mora, 31: de 16.30 a 20.30 horas: para nenos de 7 a 12 anos):
O protagonista é o mundo da televisión. Os cativos construirán unha ludotelevisión cun programa propio todo o mes, con documentais, informativos, espectáculos sobre temas infantís e xuvenís. Ademais, visitarán Televigo para coñecer os profesionais da televisión na nosa cidade, como se fai un programa e como é un estudio.
Por outra banda, celebrarase o tradicional magosto de outono e haberá a merendola mensual. Tamén continuarán cos obradoiros fixos semanais: os luns, de guiñois (fabricación de monicreques para representar as aventuras do Rei Arturo) e os mércores, de roupa, calzado e complementos ecolóxicos (confección de garavatas e colares, e pintado de camisetas vellas).
Coia (Pavillón Polideportivo, Castelao, s/n: de 16.30 a 20.30 horas: para nenos de 7 a 12 anos):
O mes dedicarase aos contos. Haberá unha festa dos contos (casetas, carteis, concursos, sorteos), un obradoiro de actores (música, diálogos, ambientación da obra), dous xogos (o Gran xogo de Pulgarcito e ¿Quen sabe máis de contos?) e dous concursos literarios (Contos para todos e Contos con indicios).
O programa completarase cun festival de contacontos, unha representación de teatro e unha visita á Biblioteca Central.
Lavadores (AVV Lavadores, Ramón Nieto, 302: de 16.30 a 20.30 horas: para nenos de 7 a 12 anos):
O tema do mes serán os dereitos dos nenos, tendo como referencia a colección de libros ”Contos do dereito e do revés”, na que se dan a coñecer distintas situacións de nenos do mundo (nenos afganos, nenos da rúa...)
Elaborarase un mural xigante, celebrarase un concurso de debuxo e proxectaranse en vídeo ”Kim de la India” e ”El libro de la selva”. No obradoiro de manualidades faranse uns decorativos puntos de lectura e haberá un obradoiro gastronómico onde se elaborará zume de mandarina cos froitos das árbores do xardín da asociación.
O día 29 haberá unha sesión de xogos dentro do programa ”¿Xogas? En galego podemos” do Servicio de Normalización Lingüística do Concello. O tema de información aos pais versará sobre o menú dos máis cativos.
Coruxo (Colexio A Paz Tintureira, Estrada Fragoselo, 28: de 16.30 a 20.30 horas: para nenos de 5 a 13 anos):
A primeira metade do mes estivo dedicada a África, con obradoiros (animais da selva, instrumentos), música e bailes e xogos. O tema da segunda quincena será o lonxano oeste -Lucky Luke e os Dalton, o pobo indio (Xerónimo) e obradoiros (mantas, colgantes, atrapasoños)- e o magosto.
Hoy por Mañana (Sagunto, 86: de 17 a 20 horas: para nenos de 4 a 10 anos):
Trátase dunha ludoteca de integración xestionada pola asociación Hoy por Mañana de pais de paralíticos cerebrais e dirixida tanto a nenos con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais como a nenos sen deficiencias.
Están previstas as seguintes actividades:
–Manualidades: muíños de vento, colares de pasta alimenticia
–Contacontos: un semanal
–Cine: unha película semanal
–Xogos: realización de xogos tradicionais para celebrar cumpreanos, xogos predeportivos, xogos de animación, etc.