As Xornadas das Mulleres Veciñais contarán con 300 participantes
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou as X Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo que se celebrarán do 26 ao 28 de novembro no centro cultural Caixanova. Nesta edición, as 300 participantes tratarán, mediante obradoiros, o tema ”O corpo como campo de batalla”. O Concello inviste 12.000 euros e colabora na súa organización.
Ana Gandón, que estivo acompañada das responsables da vocalía da Muller da Federación Eduardo Chao, Dolores Casariego e Montserrat Ramos, sinalou que estas xornadas impulsadas polo movemento veciñal son as que dispoñen de meirande número de participantes das organizadas na cidade.
Mediante talleres diarios de temas como ”Escoitando o corpo”, ”O corpo: coñecelo e coidalo”, ”Pracer e dor” ou ”A integración do noso eu corporal” fomentarase a reflexión e profundización nestes contidos para coñecer as falsas expectativas inculcadas desde a infancia e os pantasmas que entran nas crenzas sobre o coidado da muller.
Haberá tamén unha quenda diaria destinada á posta en común na que se exporán as conclusións persoais de cada obradoiro. O venres 29 de novembro celebrarase unha cea de confraternización no Hotel Coia.
As interesadas en inscribirse poden dirixirse ás asociacións de veciños federadas, chamar aos teléfonos 986 223067 e 986 227296 ou mediante correo eduardochao@eduardochao.org
Descargar todas as imaxes