”Transparentes”, nova mostra na sala dos Peiraos
”Transparentes” é o título da mostra de óleos e acuarelas que se exhibe na Sala dos Peiraos. As obras de Amparo Cardín, Ramón Sales e Fernando Boubeta poderán verse ata o 8 de decembro nesta sala municipal, situada na praza da Constitución.
”As veces, cando iniciamos calquera actividade nova, inflúenos dun xeito subconsciente a forma infantil e fresca de observar e intuí-lo entorno, por iso chámanos poderosamente a atención os brillos, as cores e tamén ese desenfado calculado que aporta frescura á obra”. Deste xeito describen o seus traballos os artistas creadores de Transparentes.
”Posiblemente o mellor medio para desenvolver estas características sexa a acuarela, manexar esa imprescindible mancha de auga, pode dar uns resultados sorprendentes e impredecibles, así escollemos esta denominación común, que é capaz de adaptarse a calquera temática do mundo artístico”, sinalan.
”Dentro dunha visión quizais particular é necesaria tamén unha interpretación artística nova fóra dos límites comerciais establecidos, por iso esta oportunidade que se nos brinda nesta sala, para dar a coñecer outra forma de ve-las cousas máis libre e menos suxeita a convencionalismos e conceptos preestablecidos”, afirman os creadores.
Descargar todas as imaxes