O festival Are-More dedícalle un concerto a Rafael Alberti na voz da mezzosoprano Marta Knörr
A poesía de Rafael Alberti é, xunto á de Federico García Lorca, a máis utilizada polos intépretes españois actuais á hora de buscar inspiración para a composición de cancións de concerto. Neste recital-homenaxe a Rafael Alberti con ocasión do centenario do seu nacemento preséntase unha mostra seleccionada entre o amplo catálogo de cancións compostas sobre a súa poesía. A cita é o xoves 21 de novembro ás 20:30 na sala Martín Códax do Conservatorio, dentro do festival Are-More.
Marta Knörr trasladouse a Viena onde traballou a técnica vocal con Susan Dennis e o repertorio operístico con Itsvan Cserjan. En Madrid, perfeccionou a súa técnica coa profesora Mariana You Chi Yu. Participou como solista en produccións operísticas no Teatro Real de Madrid, Teatro Campoamor de Oviedo, Teatro Arriaga de Bilbao, Teatro Gayarre de Pamplona, Teatro da Zarzuela de Madrid, Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, Auditorio de Galicia, interpretando os papeis de Magdalena en Rigoletto, de Verdi: Berta, en Il barbiere di Siviglia, de Rossini, Elisa en Lucía de Lamermoor, de Donizetti: Flora, en La Traviata, de Verdi: Marta, en Mefistofele, de Boito: Feiticeira, en Dido e Eneas, de Purcell: Paxe de Herodías, en Salome, de R. Strauss: Höllenlili, en Happy End, de Kurt Weill, entre outros.
Coa Compañía Lírica ”Arte Ópera” interpreta o papel de Dorabella en ”Così fan tutte”, de Mozart, en diferentes teatros españois. No campo do Oratorio e Concerto actúa como solista na Messe de Fauré, Requiem de Mozart, Stabat Mater de Scarlatti, Jonás de Carissimi, O Mesías de Haendel, Stabat Mater de Pergolesi, El amor brujo de Falla, Gloria de Vivaldi (Festival de Santander), Misa Nelson de Haydn (Quincena Musical de San Sebastián), Fantasía galaica de Ernesto Halffter (Auditorio Nacional).
Actuou baixo a batuta de directores como Emil Simon, D. Nazaret, Tomas Bugaj, H. Zielinski, Paolo Olmi, Miguel Groba, García Asensio, Juanjo Mena, Lorenzo Ramos, Pedro Halffter-Caro, Ros Marbà, García Navarro ou Maximiano Valdés. Ofreceu así mesmo numerosos recitais en España, Austria, Noruega e Francia con excelente acollida de público e crítica.
Gravou co pianista Aurelio Viribay un CD publicado pola Comunidade de Madrid, con cancións de compositores españois da Xeración do 27.
Programa
Abren o concerto catro cancións do compositor arxentino Carlos Guastavino. Fundado en 1958, o “Grupo Nueva Música” emprende un proxecto en común de composición dunha serie de cancións sobre panxoliñas de “El alba del alhelí”. O propio Rafael
Alberti responde desde Bos Aires a carta na que estes novos compositores lle solicitaban permiso para musicar os poemas: “¡Qué inmensa alegría! Os novos músicos españois lémbranse de min, sen coñecerme, de min...”. A soprano Ángeles Chamorro con Enrique Franco ao piano estrearon en decembro de 1959 no Círculo Medina de Madrid as cancións compostas polo propio Enrique Franco e por Gerardo Gombau, Cristóbal Halffter, Antón García Abril, Luis de Pablo, Manuel Carra e Alberto Blancafort. A este grupo de cancións pertencen “Los tres noes” de Cristóbal Halffter, así como “El zapatero” e “El somberero” de García Abril, interpretadas todas elas na segunda parte deste recital.
Este interese inicial de Antón García Abril pola poesía de Rafael Alberti tivo continuidade nas súas “Tres nanas” de 1961, estreadas no café-concerto “Beethoven” de Madrid, o 11 de novembro de 1971 por Carmen Borja e Carmen Sopeña. Anos antes, en 1935, Salvador Bacarisse, animado pola cantante Conchita Badía, púxolle música a tres das sete nanas de “Marinero en tierra”, utilizando dous dos poemas que máis tarde inspiraron a García Abril para as súas “Tres Nanas”: “El niño malo” e “Negra flor”.
Resulta interesante constatar a diferente visión que dous compositores ofrecen dos mesmos poemas: un lirismo luminoso e inxenuo no caso de García Abril e un lirismo sombrío e misterioso no de Bacarisse. Salvador Bacarisse coñeceu persoalmente o poeta a principios de 1930 e mantiveron a súa amizade pese ao exilio de ambos. Bacarisse tamén compuxo pouco antes de morrer a música para a “Canción 37”, das “Baladas y canciones del Paraná” que Alberti escribira en Arxentina. Tralo pasamento do compositor, Alberti dedícalle un poema póstumo nunha homenaxe organizada por RTF en 1964 na que participaron numerosos artistas españois e franceses.
Unha das obras máis coñecidas do compositor alacantino Óscar Esplá, a súas “Canciones Playeras”, foron compostas en 1930 inspirándose en varias estampas, pregóns, flores e coplas de “El alba del alhelí”. A color do Mediterráneo resulta esplendidamente plasmada nestas belísimas cancións cunha versión para soprano e orquestra que tiveron a súa estrea no madrileño Teatro de la Zarzuela en 1930, pola Orquesta Sinfónica de Madrid dirixida por Fernández Arbós: a versión que se interpretará neste recital, para soprano e piano, foi interpretada por primeira vez en 1956 por Teresa Berganza e Ramona Sanuy.
Nas notas que Rafael Alberti publica como orientación do seu libro “13 bandas y 48 estrellas” aclara sobre o poema “Cuba dentro de un piano”: “Toda a miña infancia no Porto de Santa María, Porto Real e a illa de San Fernando estivo rodeada dunha atmosfera clara e romántica de cancións, palmeiras, loriños e palabras da illa de Cuba. Os meus curmáns máis pequenos foron arrolados nos seus berces polos sons habaneiros dunha mulata. España perdera a súa última colonia de América, pero a súa lembranza permanecía viva, máis que no resto da Península, polos patios frescos e sombrizos dos portos de Cádiz. Todos os barcos que arribaban de América ao seu peirao só podían vir da Habana para nós. Os cigarros que fumaban os nosos tíos eran habaneiros: os sombreiros absurdos que usaban as nosas nais eran habaneiros: os negriños que na mañá varrían a puerta do casino eran habaneiros: o mesmo que algúns pais que visitaban os domingos os seus fillos, alumnos con nosoutros no colexio dos xesuítas.Tamén eran da Habana ou, cando menos, viviran alá pelexando cos insurrectos. Este pensamento suxeríanos só o detalle do vestir destes señores o uniforme da mariña de guerra, que tiña unha escola na illa de San Fernando, distante do porto, a media hora de marcha por unha beira clara de pinares”.
Sobre o poema “Cuba dentro de un piano” Xavier Montsalvatge compón a primeira das súas “Cinco Canciones Negras”, na que aparece unha das habaneiras que cara 1940 recollera na Costa Brava xunto ao escritor Néstor Luján e ao pintor José María Prim, a
titulada “El abanico”. O propio Montsalvatge explica o que supoñía para el este repertorio antillano: “Era algo vivo en Cataluña, quizás un camiño para una certa forma de catalanidade distinta da habitual (sardana, canción popular, etcétera) e, por suposto, un matiz sentimental, un regusto polo pintoresco exotista tomado desde aspectos que, por raza ou sensibilidade, me resultan próximos e entrañables”.
O ciclo de “Cinco Canciones Negras” de Xavier Montsalvatge foi estreado no Ateneo de Barcelona o 8 de xuño de 1946 por Mercedes Plantada, acompañada por unha orquestra de cámara dirixida por Surinach.
Cando Rafael Alberti gañou o Premio Nacional de Literatura (1923/24) co seu “Marinero en tierra”, Rodolfo Halffter pensou que sería bonito ilustrar musicalmente estes textos. “Deste desexo, o meu irmán Ernesto escribiría “La corza blanca” e “La niña que se va al mar”: Gustavo Durán faría “El salinero”: eu escribín “Del Cinema al Aire Libre” e outras catro despois”. No libro que se publicou cunha carta de Juan Ramón e un debuxo de Vázquez Díaz serían incluídas “La corza blanca”, de Ernesto, “El salinero” de Durán e “Del cinema al aire libre” de Rodolfo. No seu libro “La arboleda perdida” Rafael Alberti tamén relata o feito: “Tres novos compositores-Gustavo Durán, Rodolfo y Ernesto Halffter-, entusiasmados co corte rítmico, melódico das miñas, puxeron música a tres delas.
Dese trío, a de Ernesto, marabillosa –“La corza blanca”- conseguiu, a pouco de publicada, unha resonancia mundial. As outras dúas –“Verano” e “Salinero”- eran belas tamén e se cantaron moito. Pero é que Ernesto Halffter, entón verdadeiro neno prodixio, lograra algo mestre, sinxelo, melancólico, moi en consonancia co estilo antigo e novo da miña letra. Así mesmo, fíxose famosa “La niña que se va al mar”, do propio Ernesto...”
Da estrea destas cancións o 28 de abril de 1926 en Madrid, o crítico e compositor
Adolfo Salazar deixou a seguinte crónica: “Nunha exposición de pintura e debuxos do pintor belga Pierre Floquet, celébranse sesións de música moi escollidas (..) tres cancións, que tres rapaces de hoxe enviaron, a modo de agasallo ou tributo de camarada, a outro rapaz poeta, Rafael Alberti, para ilustrar o seu libro “Marinero en Tierra”. Destas tres cancións, a primeira, “La corza blanca”, de Ernesto Halffter (...) a segunda canción, verán, de Rodolfo Halffter (...)
A terceira melodía, “Salinero” de Gustavo Durán (...) Durey, Ravel e Debussy, terminaban o programa. Todas elas foron cantadas con simpática voz e estilo por Alberto Anabitarte e acompañadas con gran sentido e coñecemento de causa por Durán”.
Rodolfo Halffter completou o ciclo “Marinero en tierra” durante o seu exilio en México, engadindo a “Verano” catro cancións máis: tivo a súa estrea a obra completa nun recital para “Arte y Cultura” celebrado o 26 de xuño de 1961 no Palacio de Bellas Artes de México D.F., pola soprano Irma González e o pianista Salvador Ochoa.
Con este belo ciclo de Rodolfo Halffter, lírico e nostálxico como os poemas escollidos para inspirar a súa música, péchase este programa de cancións sobre poemas de Rafael Alberti. É tan só un dos numerosos programas que se poderían configurar coa abundante producción dos compositores citados xa que outros moitos, entre os que se poden citar a Amando Blanquer ou Miguel Ángel Coria, tamén lle dedicaron especial atención á musical poesía de Rafael Alberti.
PROGRAMA
Descargar todas as imaxes