Escoitar

Escolares de 11 centros educativos celebran un pleno infantil

mércores, 20 nov 2002
imx2010.jpg
Concelleiros infantís
O pleno infantil contou coa participación de 22 nenos representantes dos centros educativos da cidade. Debateron propostas para establecer canais de comunicación coa Corporación municipal e fomentar unha participación infantil máis activa.

O alcalde, Lois Castrillo, déulles a benvida aos concelleiros infantís e explicoulles o contido da celebración do ”Día internacional dos nenos e das nenas”. ”Os nenos son sempre protagonistas do acontecer diario na cidade porque serán os que gobernen nun futuro”, dixo Castrillo.

Nas anteriores sesións plenarias trataron os temas do carril bici, parques infantís, medio ambiente, paz e solidariedade. ”Nesta edición asumiron o compromiso de participar de forma activa na actividade municipal”, explicou Belén Sío.

Participaron máis de 300 nenos dos colexios Mestre Goldar, Mosteiro-Bembrive, Tintureira, Balaídos, Frián-Teis, Fleming, Canicouva, Sárdoma-Moledo, García Barbón, Ría de Vigo e Carrasqueira. Estiveron convidados tamén os tres anteriores alcaldes infantís.
Descargar todas as imaxes