A Armada recibirá a medalla da cidade de Vigo
O Pleno do Concello aprobou a concesión da medalla da cidade á Armada Española, ”polos relevantes e extraordinarios servicios prestados á nosa cidade nestes trescentos anos de historia compartida”. A proposta aprobouse por unanimidade no transcurso dun pleno extraordinario.
A exposición de motivos polos que se concede a medalla a esta institución son os seguintes: ”Fai 300 anos a Armada Española viviu daquela cos vigueses e viguesas a Batalla de Rande. Neste 300 anos a Armada Española seguiu vencellada a nosa cidade de Vigo.
En primeiro lugar, defende a cidade coas dotacións que en cada momento da historia a Armada destinou a Vigo, sendo a última delas a ETEA.
En segundo lugar, a Aramada dende a súa Comandancia de Mariña ven prestando servicios ós barcos e traballadores do mar.
En terceiro lugar, os buques da Armada e a súas tripulacións veñen defendendo ós nosos mariñeiros cando foron ameazados,como ocorreu na chamada guerra do fletán (1995).
E por último, foron milleiros os vigueses que prestaron os seus servicios na Armada Española e, milleiros tamén, aqueles vigueses que fixeron a súa carreira profesionais nesa institución que xerou en Vigo multitude de empregos, tamén de orde civil.
Para rematar, non podemos esquecer os milleiros de vidas que nestes 300 anos salvaron os buques e tripulacións da armada actuando con valentía no momento de naufraxios e accidentes na vida do mar que afectaron a buques e tripulacións viguesas”.
Descargar todas as imaxes