Escoitar

Inscrición no ”XXII Concurso de rondallas”

mércores, 20 nov 2002
Tódalas persoas interesadas en participar no ”XXII Concurso de Rondallas”, que vai ter lugar o vindeiro 1 de xaneiro, no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas, poderán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral dende o 26 de novembro ata o 11 de decembro. O número máximo de participantes limítase a 12, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes.