Escoitar
Anuncio de Normalización Lingüística

Cursos de sombras chinesas (II) e de auga doce

venres, 25 xan 2013
A Concellería de Normalización Lingüística organiza un curso de sombras chinesas de carácter gratuíto para maiores de 15 anos no Verbum (avda. Samil, 17)
Datas: 5, 6, 7 e 8 de febreiro
Horario: de 17:00 a 20:00 h
Inscrición: os días 29, 30 e 31 de xaneiro no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org
Boletín de inscrición: na web www.vigo.org (avisos)
Prazas: 25 (por orde de inscrición)

Cada persoa debe levar: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar. Coas siluetas deseñadas e recortadas por cada unha das persoas participantes vaise crear e escenificar unha pequena historia.

A escenificación da historia de sombras chinesas polo alumnado do curso (I) terá lugar no Verbum ás 13:00 h do día 3 de febreiro. A entrada é libre.

Curso de auga doce

O curso da auga é unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, o bosque de ribeira, os muíños, a hidrotoponimia...
Ten unha duración de 20 horas e unha visita aos muíños de Zamáns. O curso é gratuíto
Impartirase os días: 19 e 26 de febreiro: 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril
Horario: de 16:30 a 18:30 h
Lugar: no local da AVCR San Mamede de Zamáns na estrada Zamáns, 251
Inscricións: as persoas interesadas poden inscribirse no local da AVCR, ou chamando ao 986 46 80 39 (Carmen) ou 986 46 83 77 (Bea)