Escoitar

Caballero acorda co alcalde de Redondela acometer melloras de gas, auga e tráfico

Os alcaldes mantiveron este venres unha reunión "cordial e moi satisfactoria", en verbas de Abel Caballero, cita na que o Concello de Vigo autorizou realizar obras de mellora nas redes de gas e auga no municipio redondelano así como estudar un novo planteamento de acceso á praia compartida de Arealonga.

venres, 25 xan 2013
1359119064redondela.jpg
Abel Caballero recibiu hoxe venres a Javier Bas, quen solicitou ao seu homólogo vigués a autorización do Concello de Vigo para obras nas conexións de auga e gas, así como na ordenación do tráfico de acceso á praia de Arealonga, compartida por Vigo e Redondela.

Ao remate da reunión, Caballero explicou que pasaron revisión ás relacións ferroviarias das dúas localidades e, particularmente, ao planteamento futuro das cercanías. O alcalde de Vigo avanzou que continuarán as reunións entre ambos municipios para estudar os temas en común.
Descargar todas as imaxes