Caixanova colabora coa Mancomumidade de Vigo no programa ”Compás” de fomento de emprego
O alcalde de Vigo e presidente da Mancomunidade de concellos da Área Metropolitana, Lois Castrillo, asinou unha póliza de crédito con Caixanova pola que esa entidade financia parte do programa “Compás” de fomento de emprego. Caixanova adiantará á Mancomunidade 1.202.024 euros para que poidan comezar de inmediato os traballos deste programa.
O “Compás” é un proxecto de fomento de emprego anovador que vai ter un custo próximo aos 3 millóns de euros, dos que o Fondo Social Europeo aporta 2.141.000. O programa está dirixido a facilitar a obtención dun emprego a persoas con dificultades para se integrar no mercado laboral. É un proxecto pioneiro que introduce novos métodos de actuación, como os compromisos bilaterais entre os xestores do programa e os beneficiarios, o uso das novas tecnoloxías da información ou a atención personalizada aos participantes.
Lois Castrillo manifestou unha especial preocupación polo problema do paro e lembrou que nos concellos da Mancomunidade de Vigo hai máis de 27.000 desempregados, o que xustifica a posta en marcha de programas de emprego tan ambiciosos como o “Compás”. O alcalde vigués explicou que desta iniciativa se van beneficiar preto de 3.000 persoas con dificultades para atopar traballo e agradeceu a sensibilidade demostrada por Caixanova á hora de colaborar con este proxecto.
Descargar todas as imaxes