Escoitar

Remataron as probas para contratar cinco traballadores interinos no Concello

venres, 6 set 2002
A vindeira semana incorporaranse ao cadro de persoal do Concello de Vigo cinco novos traballadores con carácter interino que superaron as probas realizadas nas últimas semanas (teórica, práctica e galego). Para cubrir estas cinco prazas presentáronse 60 candidatos.

O persoal seleccionado ocupará os seguintes postos:

2 Ordenanzas-porteiros (Biblioteca Central e Museo Quiñones de Leon)
1 Delineante (Vías e Obras)
1 Enxeñeiro Industrial (Vías e Obras)
1 Enxeñeiro de Montes (Parques e Xardíns)

A finais de mes comezarán as probas para cubrir as 55 prazas previstas na Oferta Pública de Emprego do Concello.