Escoitar

O ”Cidade de Vigo” de Hóckey Patíns contará cos equipos campións da liga europea

xoves, 5 set 2002
O Torneo ”Cidade de Vigo” de Hóckey Patíns celebrarase o 6 e 7 de setembro no pavillón das Travesas. Este torneo, que chega á súa 19º edición, está organizado e patrocinado pola Concellería de Deportes e pola Federación Galega de Patinaxe.

Os equipos participantes son o F.C. Barcelona (campión de liga europea), O.C. Barcelos (subcampión da liga europea), H.C. Novarra (campión da liga italiana) e o H.C. Liceo-Vodafone.