Supérase o número de turistas que visitaron Vigo en xullo e agosto con respecto ao ano pasado
A concelleira de Turismo, Lílian Álvarez, destacou que Vigo se está a converter nun referente como cidade turística peninsular co incremento da súa oferta para os visitantes. Máis de 33.000 persoas acudiron ás oficinas municipais de información turística e a media de ocupación hostaleira na cidade foi do 74% en xullo e agosto, superando en 20 puntos a media galega.
Álvarez explicou que numerosos turistas sinalaron o trato amable e atento dos cidadáns e dos policías locais cando lles demandaron información sobre os lugares de interese de Vigo. A concelleira realizou un chamamento ás institucións para unificar criterios en canto á metodoloxía para tratar os datos do sector turístico e a súa redundancia no emprego e economía.
Datos
Os establecementos hostaleiros de catro estrelas rexistraron unha media de ocupación, durante os meses de xullo e agosto do 79,59% (73,3% en xullo e 85,88% en agosto).
Os hoteis de tres estrelas rexistraron unha ocupación menor, o 61% nos dous meses (53% en xullo e 68,95% en agosto). Os dunha estrela lograron o 100% de ocupación na segunda quincena de agosto, fronte ao 50% durante o mes de xullo e as dúas primeiras semanas de agosto.
Estas cifras veñen confirmar o tirón de Vigo como destino turístico nun ano de lixeira diminución en Galicia e máis pronunciado no resto de España. O grao de fidelización turística de Vigo é máximo, o que agoira boas expectativas para os profesionais do sector e, fundamentalmente, para os establecementos que apostan pola calidade. O exercicio de 2002 podería pechar con máis de 900.000 turistas.
Segundo os datos obtidos de distintas fontes do sector, o gasto medio diario por turista en Vigo situouse en 149,37 euros (24.853 pesetas), cifra lixeiramente superior á media galega (140,63 euros)
Dos 149,37 euros que gasta de media cada turista en Vigo, 52,35 destínanse a pagar o aloxamento (13 euros menos que na Coruña e 5 menos que a media galega). Os turistas de Vigo gastan diariamente en comida 37,26 euros: en compras, 27,36 euros: en desprazamentos, 11,10 euros e 21,30 euros en lecer.
Desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, máis de 33.000 turistas solicitaron información da cidade tanto nos Puntos Vermellos como nas Oficinas Municipais de Información Turística.
Durante o mes de xullo, as oficinas de información municipal detectaron unha notable presencia na cidade de turistas procedentes de Cataluña, Madrid, Andalucía, Valencia, Castela León, País Vasco, Asturias, Cantabria e doutros puntos da comunidade galega, por esta orde. Os estranxeiros neste mes procederon, fundamentalmente, de Arxentina, Portugal, Reino Unido e Francia. Notouse un forte incremento de nórdicos, italianos e da Europa do este.
No mes de agosto chegaron a Vigo, por esta orde, galegos, madrileños, cataláns, casteláns, vascos e andaluces. Houbo un incremento de turistas procedentes de Aragón, Asturias, Valencia, Cantabria e Murcia e, en menor medida, de Estremadura, Castela A Mancha e Canarias.
En canto aos estranxeiros, pódese sinalar a procedencia de turistas de Portugal, Francia, Alemaña e Reino Unido, detectándose un aumento de austríacos, italianos, holandeses e suízos, ademais dunha notable presencia de arxentinos, venezolanos e mexicanos.
As Cíes, o Barrio Histórico, A Pedra, Castrelos, museos, miradoiros e festas centraron as peticións de información durante o mes de xullo: en agosto, ademais, solicitáronse datos do Museo do Mar e de sendeirismo.
Descargar todas as imaxes