Escoitar
O billete de transferencia é utilizado diariamente por 6.000 persoas

Récord na emisión de tarxetas verdes de transporte

mércores, 4 set 2002
imx1727.jpg
Tarxeta verde
No mes de xullo acadouse a cifra de 90.000 tarxetas verdes de transporte distribuídas en Vigo. Son, polo tanto, 90.000 persoas na nosa cidade as que dispoñen deste instrumento para pagar os seus desprazamentos no autobús urbano e as que se benefician dos descontos dos bonos. O 62% das viaxes que se realizan se pagan coa tarxeta verde.

Por outra parte, cada vez son máis os viaxeiros que se benefician da utilización do billete de transferencia, que permite realizar dous traxectos de autobús pagando só un desprazamento. Antes de comezar o periodo estival eran algo máis de seis mil as viaxes que se realizaban diariamente empregando o billete de transferencia, o que supón un apreciable aforro para estes usuarios do transporte público.

A maioría das persoas que utilizan o billete de transferencia son estudiantes, o que motiva que durante os meses de xullo e agosto baixe o seu emprego. As liñas nas que se realizan máis transbordos son, por esta orde, a circular 3, a circular 5 e a circular 1.

A circular 6, a última das liñas postas en marcha polo Concello, aumenta paulatinamente o número de usuarios. Se en xuño, primeiro mes de funcionamento, a utilizaron 26.000 persoas, agora son máis de 30.000 as que se trasladan cada mes nesta liña que presta servicio aos veciños de Castrelos, Beade e Bembrive.


MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes