Escoitar
O alcalde encabeza unha delegación que se entrevistará con autoridades e representantes da industria pesqueira local

Lois Castrillo viaxa a Islandia para presentar a Feira Mundial da Pesca Vigo 2003

martes, 3 set 2002
imx1724.jpg
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, viaxa esta noite con destino a Islandia para presentar a Exposición Mundial da Pesca Vigo 2003 na Icelandic Fisheries Exhibition, unha das máis importantes mostras do sector, que se desenvolverá do 4 ao 7 de setembro na cidade de Kopavogur. Castrillo encabeza unha delegación do Comité Executivo da WFE VIGO 2003.

O programa da visita ten un marcado carácter institucional. A delegación que preside Lois Castrillo reunirase mañá mércores co ministro de Pesca de Islandia, Arni M. Mathiesen, o alcalde de Kopavogur, Sigurdur Geirdal, Sveinn Hannesson director da Federación Islandesa da Industria Pesqueira: e Jón Ásgrímsson, director do Consello de Exportacións de Islandia. Ademais, está prevista unha visita do presidente de Islandia, Olafur Grimsson ao stand de VIGO’2003 na Icelandic Fisheries Exhibition. A delegación viguesa dedicará a xornada do xoves a manter reunións coas institucións e empresas presentes na feira. A volta do alcalde está prevista para o venres 6 de setembro.

Coa presentación en Islandia, arrinca a campaña de promoción da Exposición Mundial da Pesca VIGO’2003 nos principais países pesqueiros do mundo. A razón de que o Comité Executivo da exposición viguesa escollese Islandia como punto de partida da promoción de Vigo 2003 é a de que se trata dunha das principais potencias pesqueiras mundiales e que varias firmas daquel país manteñan estreitas relaciones comerciais con coñecidas empresas de Vigo no ámbito da comercialización de productos pesqueiros e moi especialmente na transferencia de tecnoloxía.

A un ano vista da Exposición Vigo 2003, a resposta da industria pesqueira internacional está superando todas as expectativas da organización, xa que está reservado o 80% do espacio disponible e o número de pavillóns nacionais contratados, nove ata hoxe e algúns máis en negociación, supera aos que participaron na última edición de 1997.


MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes