Escoitar

Comeza a homenaxe ao xornalista Cuco Cerecedo

martes, 3 set 2002
imx1725.jpg
Cartel
A Concellería de Cultura, en colaboración coa Fundación Caixagalicia, organiza unha homenaxe titulada ”Francisco Cerecedo no seu XX aniversario” que constará da colocación dunha placa na que fora a súa vivenda, dunha exposición fotográfica e dun ciclo de conferencias sobre países árabes e iberoamericanos.

Trala colocación da placa, hoxe inagurarase na Casa Galega da Cultura unha exposición fotográfica que, co título ”Francisco Cerecedo, 37 anos de loita, 25 anos de ausencia”, percorre a vida e traxectoria xornalista, que faleceu en Colombia en 1977.

Cuco Cerecedo converteuse no xornalista que en España introduciu na axenda temas como a OLP ou o conflicto do Sáhara que despois foron actualidade para outras xeracións. ”Cuco forma parte daquela xeración de xornalistas que no Vigo de finais do franquismo imaxinaron unha cidade, unha Galicia e unha España libres”, afirmou o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.

Programa de actos

Colocación dunha placa conmemorativa
Lugar: rúa Progreso, 14
Data: 3 de setembro de 2002
Hora: 19,00
Lectura dun poema por Carlos Oroza

Exposición fotográfica

Lugar: Casa Galega da Cultura
Título da exposición: ”Francisco Cerecedo. 37 anos de loita, 25 anos de ausencia”
Datas: do 3 ao 29 de setembro de 2002
Data e hora da inauguración: 3 de setembro ás 20,00.

Ciclo de conferencias sobre Países Árabes, Iberoamérica e España

Data: mércores, 25 de setembro de 2002
Título: ”XXV anos de febre: da España apaixoada á España atónita”
Lugar: Aula socio-cultural de Caixagalicia
Hora: 20,00
Conferenciante: Miguel Ángel Aguilar

Data: xoves, 26 de setembro de 2002
Título: ”Palestina: o xenocidio indiferente”
Lugar: Aula socio-cultural de Caixagalicia
Hora: 20,00
Conferenciante: Hani Faydi

Data: venres, 27 de setembro de 2002
Título: ”América: a loita continua”
Lugar: Aula socio-cultural de Caixagalicia
Hora: 20,00
Conferenciante: José Oneto Revuelta
Descargar todas as imaxes