Escoitar

Preestrea do filme ”Días de voda”, que conta cunha subvención de Cultura

mércores, 4 set 2002
imx1728.jpg
Cartel
A Concellería de Cultura organiza un acto de preestrea da película ”Días de voda”, do cineasta vigués Juan Pinzás. Cultura achegou a este proxecto 27.045 euros, dos que 24.040 son froito dunha subvención á productora Atlántico Films.

A película ”Días de voda”, que se preestrea o mércores 4 de setembro ás 21:00 nos cines Box do Centro Comercial Praza E, inscríbese no movemento cinematográfico ”Dogma”, fundado polo realizador danés Lars Von Triers.

Sinopse

”Días de voda” narra a voda de Sonia, a filla dun importante editor, que vai realizar o soño da súa vida: casar con Rosendo, un escritor con tendencias homosexuais que non busca a felicidade da súa noiva senón a posibilidade de gañar o importante premio literario creado polo seu sogro. A celebración da cerimonia presenta numerosas sorpresas para os convidados, dos que sae á luz o aspecto máis escuro das súas personalidades. A película, dirixida por Juan Pinzás, foi producida por Pilar Sueiro para Atlántico Films.

Ficha técnica

Director....Juan Pinzás
Guión....Juan Pinzás
Productora....Pilar Sueiro
Director de fotografía....Gerardo Moschioni
Colaborador de fotografía....Tote Trenas
Música....Juan Sueiro
Son....Johny Bleep
Axudante de dirección....Michael Aguiló
Foto fixa....Álex Gaultier
Montaxe....Corte Digital

Ficha artística

Rosendo....Monti Castiñeiras
Sonia....Comba Campoy
Alexandre....Ernesto Chao
Nacho....Miguel Insua
Rosa....Rosa Álvarez
Beatriz....Pilar Saavedra
Xosefina....Belén Constenla
Pai Xacinto....Alfonso Agra
Avó....Ernesto Ferro
Conserxe....Alejandro Garrido
Avoa de Sonia....Mimy Fuentes
Teresa....Mónica Salgueiro
Avó de Sonia....Luis Amérigo
Fernando....Javier Gurruchaga
Avoa....Asunción Balaguer
Escritor....Juan Manuel de Prada
Descargar todas as imaxes