Urbanismo inicia unha campaña informativa sobre o PXOM
A Concellería de Urbanismo organiza os días 6 e 7 de setembro no auditorio do Concello unhas xornadas informativas dirixidas a representantes das asociacións veciñais do municipio, para explicarlles en qué medida afecta ós seus barrios ou parroquias o avance do PXOM.
O concelleiro de urbanismo, Xabier Toba, dirixiuse a perto de corenta entidades veciñais, para convocalas a estes encontros que comezarán ás 17:00 h do venres cunha explicación xeral do Avance, os criterios para a clasificación do solo e a exposición das propostas estructurantes.
O sábado e a partir das 11:00 h, farase a presentación do material que se pon á disposición de cada entidade, consistente nun CD co texto íntegro do Avance e planimetría da zona, varios paneis que conforman unha exposición e un cuaderniño informativo. Con esta actividade preténdese formar a informadores de cada asociación veciñal de xeito que, a súa vez, poidan trasladar a información ós seus conveciños. As exposicións que se achegarán a un total de 28 centros socioculturais de Vigo, quedarán instaladas a partir da semana próxima.
Así mesmo, o conxunto global do Avance exporase no vestíbulo do auditorio municipal ata o 15 de outubro, data na que remata o período de exposición ó público, para que calquera cidadáns de Vigo poida achegarse a coñecer as principais propostas realizadas polos redactores do Plan Xeral.