Escoitar

Castrillo convida ao presidente de Islandia a visitar Vigo co gallo da Exposición Mundial da Pesca

venres, 6 set 2002
imx1737.jpg
O alcalde co presidente de Islandia
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, convidou formalmente a visitar Vigo ao presidente de Islandia, Olafur Grimsson, con quen se entrevistou con motivo da presentación naquel país da Exposición Mundial da Pesca, Vigo 2003. O alcalde tamén foi recibido polo seu homólogo de Kopavogur, Sigurdur Geirdal, no recén inaugurado Museo de Arte Contemporánea da localidade, onde propuxo o establecemento de relacións con institucións culturais de Vigo, como o Museo de Arte Contemporánea ou o Museo do Mar.

A visita a Islandia da delegación viguesa encabezada polo alcalde, Lois Castrillo, está a producir os primeiros beneficios para a Exposición Mundial Vigo 2003.

O sector pesqueiro islandés está moi interesado en estreitar lazos coas empresas de Vigo. De feito, a Federación Islandesa da Industria Pesqueira, que reservou un espacio de 400 m2 na exposición do próximo ano, anunciou a súa intención de amplialo para darlles cabida a todas as compañías interesadas en expoñer en Vigo. Unha delegación da Federación Islandesa da Industria Pesqueira, a principal organización empresarial islandesa, desprazarase a Galicia a vindeira primavera para contactar con empresas pesqueras e programar visitas durante a World Fishing Exhibition.

Tamén o ministro de Pesca de Islandia, Arni M. Mathiesen, garantiu a súa presencia en VIGO 2003, no caso de que continúe no seu cargo tralas eleccións do próximo mes de maio. Na súa entrevista coa delegación do Comité Executivo da World Fishing Exhibition, Arni M. Mathiesen, que participou en anteriores ediciones da exposición, destacou a importancia de Vigo no panorama da industria pesqueira internacional. O responsable de pesca islandés expresou ademais o interese do seu país en participar unha vez máis na Conferencia de Ministros da Toxa, pola trascendencia das decisións adoptadas neste cumio pesqueiro.
Descargar todas as imaxes