Ábrese o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Danza
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso coas modalidades de música e movemento, percusión e danza tradicional galega. Os interesados poden inscribirse do 9 de setembro ao 4 de outubro e deben presentar as súas solicitudes nas dependencias da escola, situada no soto do Concello.
O curso de música e movemento distingue entre iniciación (de 4 a 5 anos de idade, cun máximo de 12 alumnos por grupo) e formación básica (6 a 7 anos, con 15 por grupo). Hai tamén danza para escolares (8 a 15 anos) con dúas sesións semanais dunha hora e danza xuvenil e adultos (maiores de 16 anos), ademais dun grupo de percusión tradicional (con sesións de iniciación e perfeccionamento).
A oferta complementaria consta de actividades nas que pode participar o alumnado coas que se pretende fomentar a difusión da cultura vencellada á danza tradicional. Entre outras, está a asistencia a cursos monográficos, festivais, museos e saídas ao campo.
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo foi creada en 1979 e, dende aquela, milleiros de vigueses aprenderon e familiarizáronse coas danzas tradicionais galegas. Moitos dos seus alumnos son transmisores do folclore a través doutros grupos espallados por Vigo ou outros concellos.
Os festivais e actividades organizados pola Escola Municipal de Danza son o ”Festival na punta do pé”, ”Festival dos reencontros”, ”Día da Muiñeira”, ”Festival Folclórico Concello de Vigo”, ”Mostra do Traxe”, ”Enxalzamento do traxe” e ”Xornadas de música e danza tradicionais”.
Os interesados poden conseguir máis información sobre horarios, prezos e matrícula no teléfono 986-810167.
CONTACTO
Descargar todas as imaxes