Escoitar

Renovación do firme de Álvaro Cunqueiro

venres, 6 set 2002
O vindeiro domingo comezarán os traballos para renovar o pavimento da rúa Álvaro Cunqueiro. O Concello escolleu ese día para evitar problemas de tráfico, xa que descende apreciablemente o volume de circulación de vehículos. De todos os xeitos, non se vai cortar a rúa ao tráfico xa que as obras desenvolveranse primeiro nos carrís interiores e a continuación nos exteriores. Sí se prohibirá o estacionamento de vehículos. O custo da obra é de 40.000 euros.

Coa mellora do pavimento de Álvaro Cunqueiro comeza a desenvolverse a segunda fase do Plan de Renovación do Pavimento das rúas da cidade. O goberno municipal programou para os vindeiros meses traballos de mellora do firme dunha morea de rúas de Vigo que por diversas razóns se encontran en mal estado. Ademáis de Alvaro Cunqueiro pavimentaranse, entre outras, rúas como a Avda. de Balaídos, Sanjurjo Badía, Filipinas, Camilo Veiga e Antonio Cominges.