Escoitar

O Ifevi acolle o Salón Atlántico do Vehículo de Época

luns, 9 set 2002
imx1739.jpg
Cartel
A Concellería de Turismo colabora co II Salón Atlántico do Vehículo de Época que se celebrará do 13 ao 15 de setembro no Ifevi, en Cotogrande. Ademais da compra-venda de vehículos de época e da exposición de motocicletas e camións, haberá concentracións de afeccionados ao automobilismo de colección.

A concelleira Lílian Álvarez destacou que o Ifevi, como recinto feiral e de congresos, é unha peza fundamental para a desestacionalización da tempada turística na cidade. O salón atlántico do vehículo de época renderá homenaxe á parte artística e artesanal que hai detrás destes automóbiles, sinalou Álvarez. ”Estes coches son elementos da historia da industria do automóbil, un patrimonio a conservar e poñer en valor nesta cidade que vive do automóbil”, afirmou a concelleira.

O salón disporá de 20.000 m2 de exposición nos que se amosarán automóbiles históricos, antigos e clásicos, motocicletas e camións. Celebraranse un rally de coches antigos e conferencias sobre vehículos clásicos e automobilismo na década de 1970. A industria auxiliar, reparación, restauración, librería, complementos, ensino, seguros e asistencia na estrada serán outras das actividades deste salón.
Descargar todas as imaxes