Escoitar

Obradoiro sobre xénero e igualdade de oportunidades

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto: "XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE".

venres, 26 out 2012
Dirixido a : todas as persoas interesadas.

Formadoras: Rosa Faraldo Rivas (Psicóloga) e Victoria Collazo Fernández (Educadora Social).

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

Contidos:
 As manifestacións de desigualdade de xénero na vida cotiá.
 O sistema de relación sexo-xénero. A socialización diferenciada.
 A división sexual do traballo.
 A perspectiva de xénero como instrumento de análise e marco de intervención.
 A violencia de xénero.


O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.


Período e horarios: o martes 13 e o xoves 15 de novembro de 18,00 a 21,00 h.
Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20 .

As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Prazas limitadas. Máis información: www.igualdadevigo.org.