Escoitar

O alcalde amosou a súa "vontade" de incrementar as axudas para estudar inglés en Inglaterra

Coincidindo coa saída ás illas británicas dos últimos alumnos becados polo Concello, Caballero anunciou a "vontade" municipal de non recurtar este programa e incluso poder incrementar o número de estudantes vigueses que poidan mellorar o inglés no estranxeiro. Nos últimos días partiron un total de 447 alumnos de Secundaria cunha bolsa do Concello.

xoves, 27 set 2012
1348750769becas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este xoves ao aeroporto de Vigo para despedir á ultima quenda de alumnos de Secundaria que viaxan a Inglaterra para mellorar o seu nivel de inglés cunha achega do Concello de Vigo.

Xunto aos que voan hoxe desde Peinador, o total de beneficiarios do programa municipal "Vigo en Inglés" deste ano estará en torno ao medio millar de alumnos e alumnas de Vigo, incluíndo estudantes da sede viguesa da Escola Oficial de Idiomas.

Caballero indicou que está a recibir peticións para que este programa non sufra recurtes, ante o que o alcalde asegurou que "na nosa vontade non só non está non recurtar senon con toda probabilidade aumentar as bolsas de inglés nun número moi imporante".
Descargar todas as imaxes