Escoitar

Unha campaña fomenta a práctica deportiva entre persoas con discapacidade

venres, 13 set 2002
A Concellería de Deportes presentou unha campaña que pretende informar as persoas con discapacidade física sobre as posibilidades de practicar deporte na cidade de cara á integración social. Natación, atletismo, tiro olímpico e vela son as modalidades que se desenvolven en colaboración coa asociación Anfiv.

O presidente de Anfiv, Pablo Beiro, explicou que esta campaña de difusión ten un espírito informativo e publicitarase a adhesión ao club Anfiv nos centros comerciais. Case 50 persoas con minusvalías, sen límite de idade, practican deporte a través desta entidade. Anfiv colabora tamén nas Escolas Deportivas Municipais.

Os interesados en formar parte deste club poden poñerse en contacto cos socios nos teléfonos 986-237891 ou 986-492312.