Vigo súmase á celebración do ”Día europeo sen coches”
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xoaquín de Acosta, presentou a campaña ”A cidade sen o meu coche” que se celebrará a semana do 22 de setembro. ”Consiste nunha xornada de concienciación dirixida á cidadanía para que reflexione sobre a utilización do vehículo privado”, explicou De Acosta.
Conferencias, exposicións, visitas guiadas ao casco vello, carreiras de patíns, patinetes e paneis, teatro de monicreques, obradoiros infantís e un festival folclórico son algunhas das actividades previstas.
Pecharanse ao tráfico zonas da cidade nesa xornada e adoptaranse medidas de carácter permanente para cumprir o compromiso de avanzar na peonalización e conseguir unha maior calidade de vida para os cidadáns. Ademais, incrementaranse as liñas de autobús polo centro da cidade e reducirase o prezo do billete a 30 céntimos de euro co obxectivo de fomentar o uso do transporte colectivo.
Vigo súmase a esta campaña europea que principiou en Francia en 1998 e na que participaron preto de 1.000 cidades no ano pasado, entre as que estaban 11 vilas e cidades galegas. De Acosta xa lle comunicou aos responsables de concellos da Mancomunidade a intención de que divulguen esta convocatoria para conseguir unha meirande participación.
PROGRAMA
Día 16, luns
Exposición: “A problemática do tráfico nas cidades”
Na lonxa do Concello de 8:00 a 21:00 h.
Ata o día 20 de setembro.
Conferencia: “Muller e mobilidade”
Pilar Vega: Consultora ambiental. É técnica en Ordenación do Territorio pola Universidade Politécnica de Valencia e Diplomada en Transportes Terrestres pola Universidade Complutense de Madrid. Participou na elaboración do Plan Nacional de Accesibilidade para as persoas con discapacidade e en numerosos estudios para o goberno central e para diversos concellos sobre o transporte público. É cofundadora da Asociación de Viandantes APIE e do Colectivo de Mulleres Urbanistas.
Paraninfo do Rectorado ás 20:00 h.
Día 17, martes
Conferencia: “Pacto pola mobilidade”
Francesc Narváez Pazos: Concelleiro de Mobilidade do Concello de Barcelona dende o 1995: responsable do Plan de Accesibilidade da cidade de Barcelona: presidente do Instituto Metropolitano do Taxi: vicepresidente do Instituto Municipal de Persoas con Diminución e vicepresidente da Sociedade Municipal de Aparcadoiros.
Paraninfo do Rectorado ás 20:00 h.
Día 18, 19 e 20
mércores, xoves e venres
Exposición
“A problemática do tráfico nas cidades”
Na lonxa do Concello de Vigo de 8:00 a 21:00 h.
Ata o día 20 de setembro.
Día 19, xoves
Concurso para escolares: “Vigo sen o meu coche”
Inicio da convocatoria do concurso para escolares.
Día 21, sábado
Exposición
“A problemática do tráfico nas cidades”
Na nova estación de ría das 10:00 ás 21:00 h.
Exposición
“Exposición do coche ecolóxico”
Na nova estación de ría das 10:00 ás 21:00 horas.
O domingo 22 funcionarán as liñas de autobuses Circular Centro e Circular Centro 2 a un prezo especial de 30 céntimos.
Día 22, domingo
Exposición:

Exposición de mural infantil “Meu barrio, sen coches”
Lugar: Praza da Princesa. Hora: Todo o día.
Marcha ciclista para nenos e mayores
Saída: Frente ao Mercado do Calvario. Hora: 11:00 horas. Percorrido: Calvario, Praza da Independencia, Montero Ríos.
Gran carreira de carros de bolas
Saída: Cruce da rúa Couto con Marqués de Alcedo. Hora: 12:00 h.
Roteiros con guía polo centro histórico
Saída: Praza da Princesa. Hora:12:00 h.
Obradoiros e confeccións de paneis sobre temática do día
Lugar: praza da Independencia. Hora: De 12:00 a 14:00 h.
Concerto de Banda de Música
Lugar: Xardíns das Avenidas. Hora:13:00 h. Banda: Unión Musical de Vigo
Concerto grupo de cordas “Fiadas” de Castrelos
Lugar: Praza da Independencia

Carreira de patíns, patinetes e bicicletas para nenos
Lugar: Praza de Compostela. Hora: A partir das 17:00 h.
Obradoiros e confección de paneis sobre a temática do día
Lugar: Praza da Independencia. Hora: de 17:00 a 19:00 h.
Teatro de monicreques
Lugar: Praza da Constitución. Hora:19:00 h. Compañía “Seis dedos”. Título: “Varietés”
Festival folclórico
Lugar:Praza da Independencia. Hora: A partir das 19:30 h. Grupos: Baile galego: “Semente da arte galega” acompañado polo grupo de gaitas “Arume” de Evade. Grupo de pandereteiras: “Ledaíña” de Freixo (Valadares). Grupo de Gaitas: “Os tabáns” de Freixo (Valadares).
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes