Escoitar

O Concello estrea páxina web con novos servicios

mércores, 11 set 2002
imx1751.jpg
Presentación
O alcalde de Vigo presentou a nova www.vigo.org do Concello afirmando que supón un salto cualitativo nos servicios que ofrece a administración local aos cidadáns. De feito, a nova páxina ademais de ofrecer información sobre a cidade e a institución local facilita outros servicios como a posibilidade de descargar impresos, revisar a normativa legal ou de poder consultar expedientes.

Lois Castrillo asegurou que a nova web municipal é un importante avance nas relacións da administración municipal cos cidadáns, xa que supón a prestación de servicios a través das novas tecnoloxías da información. Neste senso explicou que a intención do Goberno municipal é a de poñer a disposición dos usuarios do internet o maior número de servicios administrativos posibles.

Castrillo subliñou que toda a información da nova web está debidamente conformada polo Concello, o que garante o seu rigor, e anunciou que paulatinamente se irán incorporando novos servicios, sempre atendendo aos límites marcados pola lexislación.

GALERÍA DE IMAXES
Descargar todas as imaxes