Escoitar

Xuventude reinicia as exposicións do programa ”Mirarte”

martes, 10 set 2002
imx1746.jpg
Obra de López
A partir de hoxe comeza unha nova rolda de mostras na Sala de Exposicións da Casa da Xuventude de Vigo. Ata o mes de decembro están programadas un total de oito mostras dentro do programa ”Mirarte” da concellería de Xuventude. A primeira corre a cargo de Manuel López, co título “Mitoloxía e historias lexendarias”.

Trátase dunha exposición de ilustracións e debuxos realizados por este novo artista que permanecerán, durante esta semana e a que vén, expostos na Casa da Xuventude.

As obras permanecerán expostas ata o venres 20 de setembro e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.

Esta é a primeira das mostras desta derradeira rolda do ano. A continuación e ata o mes de decembro realizaranse diversas exposicións de pintura a cargo de Lourdes Goce e Rosa González, de fotografía por Manos Unidas e Amnistía Internacional, de graffiti a cargo Pow e Fine, e de debuxo a plumilla por Rafael Diéguez. Ademais, e coma remate, realizarase a finais de decembro unha mostra conxunta de tódolos expositores participantes este ano na sala de mostras.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes