Escoitar

O curso sobre constitución e organización de clubes presentará as novas tendencias e necesidades de xestión deportivas

xoves, 12 set 2002
imx1754.jpg
Programa
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o curso ”Constitución e organización de clubes deportivos” que se impartirá do 23 ao 27 de setembro. É un curso práctico e participativo no que se analizarán as áreas de actuación nas que se apoia a organización de clubes deportivos e se presentarán as novas tendencias e necesidades de xestión.

Os obxectivos son dar a coñecer a estructura lexislativa na que se encadran os clubes deportivos, desenvolver técnicas e procedementos básicos nas tarefas de constitución e organización dunha entidade deportiva e na súa relación coa administración e analizar e reflexionar sobre as principais cuestións que lles afectan ás estructuras deportivas en Galicia.

Os destinatarios son os responsables de entidades deportivas, directivos e técnicos que colaboran na organización das entidades deportivas, estudiantes universitarios de educación física, alumnos de Tafad e interesados en xeral relacionados coa xestión do deporte. O curso valídase por un crédito de libre elección.

O prazo de inscrición remata o 19 de setembro. Impartirase no edificio de Coca-Cola (Begano, xunto ao centro comercial Alcampo) de luns a venres de 16:00 a 21:00 do 23 ao 27 de setembro. O prezo é de 90 euros cun desconto do 50% para membros da comunidade universitaria e clubes con sede social en Vigo.
Descargar todas as imaxes