O Concello mellora o servicio de autobuses en Comesaña
A parroquia de Comesaña será a beneficiada pola próxima medida incluída na reforma de liñas do transporte público urbano. O vindeiro luns remodélase a liña 29, que une Fragoselo e Casás coa Praza de España.
As mellloras son as seguintes:
- Aumenta a frecuencia de paso dos autobuses. A liña realizará tres saídas diarias máis dende Fragoselo, tres máis dende Casás e oito máis dende a praza de España.
- Fragoselo tamén contará con autobús os sábados. Ese día haberá duas saídas dende ese lugar, ás 9:10 e ás 12:40, e sairán autobuses da praza de España con ese destino ás 12:10 e ás 21:30.
- A liña realizará tamén paradas na igrexa de S. André de Comesaña.
Todas estas melloras foron consultadas coa Asociación de Veciños da parroquia, que amosou a súa satisfacción polos cambios.
Por outra parte, a partir do luns introducirase outra mellora na liña 14, que une Bembrive co centro da cidade:
- Refórzase a liña en horas punta (implántanse dous servicios máis dende Moledo ás 8:35 e ás 9:35)
- Os autobuses da primeira hora da mañá (os que circulan dende as 6:45 ata as 9:35), que agora remataban o seu percorrido na rúa Venezuela, chegarán ata Colón.