Escoitar
Domingos 6,13,20 e 27 de novembro<br /> Para nenos de 5 a 12 anos<br /> De 12.00 a 13.30 horas<br /> Entrada gratuía

Obradoiros "A fantástica viaxe de Cunqueiro" no Verbum

O Verbum continúa a súa programación de obradoiros dominicais cunhas sesións coas que se quere homenaxear a figura de Cunqueiro nos 30 anos do seu pasamento. A Viaxe Fantástica de Cunqueiro é unha actividade que, baseada na maxia da obra cunqueirana, achegará aos asistentes neste singular universo creativo.

venres, 4 nov 2011
Mesturarase nestas ctividades contacontos e obradoiros. Así os contacontos son adaptacións dalgunhas das súas obras senlleiras como Merlín e Familia ou Se o Vello Simbad Volvese ás Illas. Aos igual que nas novelas de Cunqueiro, os asistentes atoparanse con narradores que lles contarán as historias que viviron nas súas aventuras.

Pola súa banda os obradoiros, experimentando con diferentes técnicas e materiais, xirarán en torno á creación de personaxes, indumentarias e complementos inspirados nas aventuras xa narradas. O teatro de sombras será a ferramenta que nos acompañará en todos os talleres como forma de fomentar a creatividade e o enxeño. Deste xeito a "cova negra" será o lugar no que os asistentes se converterán en protagonistas.

Cada sesión está estruturada en tres partes:
a. Narración de historias vividas por parte dos protagonistas dos libros de Cunqueiro.
b. Creación de personaxes.
c. Escenificación de historias.

As sesións seguirán as seguintes temáticas:
Día 6. O mundo de Merlín. Obradoiro de luz negra.
Día 13. O mundo de Simbad. Obradoiro de teatro de sombras.
Día 20. O mundo de Ulises. Obradoiro de luz negra.
Día 27. A maxia de Cunqueiro. Obradoiro de teatro de sombras.

AFORAMENTO LIMITADO A 50 RAPACES E FAMILIAS.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.

Máis información