Escoitar

Caballero garante ao Valedor do Cidadá que o goberno local non reducirá "nin un euro" o gasto social

O alcalde transmitiullo a Luis Espada no transcurso dunha reunión celebrada este xoves, despois de solicitalo aos goberno municipais no cumio de valedores locais celebrado o mes pasado en Granada. Abel Caballero garantiu que os orzamentos de 2012 non recortarán partidas para política social e engadiu que, "lamentablemente" a Xunta si recortou máis dun 10% para dependencia en Vigo.

xoves, 3 nov 2011
1320324333espada.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aseguroulle ao Valedor do Cidadá, Luis Espada, que o goberno local non reducirá "nin un euro" o gasto social nos próximos orzamentos do Concello.

Na reunión estatal de valedores locais celebrada o mes pasado en Granada acordouse instar aos municipios a non recortar en políticas sociais, ante o que Vigo non ten "ningunha intención" de facelo, segundo adiantou Caballero. "Lamentablemente", engadiu, a Xunta de Galicia recortou en Vigo máis dun 10% para atención a dependentes.

A reunión de hoxe xoves entre Abel Caballero e Luis Espada enmárcase nas conversas programadas para analizar a marcha da actividade da Valedoría e a cooperación do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes