Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 3 nov 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE NOVEMBRO DE 2011.


1.- Acta da sesión ordinaria do 28 de outubro de 2011.


BENESTAR SOCIAL
2.- Indemnización substitutiva por importe de 41.960,43 € a favor da "Fundación Aldaba" pola prestación dos servizos do dispositivo de atención á infancia e á familia -setembro 2011. Expte. 69044/301.

CEMITERIOS
3.- Indemnización substitutiva por importe de 49.370,55 € a prol de "Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza S.L." polos servizos de limpeza, acondicionamento e mantemento dos cemiterios municipais nos meses de xullo, agosto e setembro. Expte. 9438/255.

CONTRATACIÓN
4.- Clasificación de ofertas do procedemento negociado para a contratación do deseño e produción das carrozas da Cabalgata de Reis 2012. Expte. 4016/335.

5.- Solicitude de Aon Gil y Carvajal S.A.U de recurso especial en materia de contratación contra acordo da X.Goberno local do 16.09.11 que adxudica a BVC ARTAI Corredurías de Seguros S.A. o contrato de mediación de seguros privados do Concello de Vigo. Expte. 18701/240.

6.- Alleamento de 59 vehículos para chatarra (solicitude de ofertas). Expte. 3829/241.

7.- Alleamento de 23 vehículos para chatarra (solicitude de ofertas). Expte. 3815/241.

8.- Devolución de garantías:
a) Dielectro Industrial S.A. Expte. 3789/241
b) COVSA. Expte. 3806/241.

CULTURA E FESTAS
9.- Fixación de prezos de venda de entradas da programación do departamento de Cultura no Auditorio Municipal no segundo semestre do ano 2011. Expte. 13478/331.

10.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (FAVEC) para a organización do Programa Move Vigo 2011. Expte. 4280/335.

11.- Subvención a Encena Producións Artísticas S.L. e proxecto de convenio para a realización da programación teatral do Teatro Arte Libre. Expte. 13483/331.
DEPORTES
12.- Devolución de fianza a José Manuel Olveira Hortas pola celebración da 1ª Carreira dos Jord@s. Expte. 10753/333.


RECURSOS HUMANOS
13.- Dar conta da resolución sobre instrución interpretativa de aplicación do réxime de permisos, vacacións e licenzas: permiso para asistencia a exames finais ou demais probas definitivas de aptitude. Expte. 22452/220.

14.- Gastos de locomoción do persoal municipal correspondente ao mes de setembro de 2011. Expte. 22439/220.

15.- Domingos, festivos e nocturnidade persoal municipal correspondente ao mes de setembro 2011. Expte. 22422/220.

16.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección correspondente ao mes de setembro 2011. Expte. 22424/220.

17.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do Servizo de Cemiterios correspondente ao mes de setembro de 2011. Expte. 22426/220.

18.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de maio e setembro 2011. Expte. 22436/220.

19.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal sen ser oficiais condutores do persoal dos distintos servizos correspondentes ao terceiro trimestre 2011 (inclúe 2º trimestre do servizo de Limpeza). Expte. 22434/220.

20.- Dar conta da resolución sobre xubilación anticipada do funcionario do Servizo de Extinción de Incendios D. Juan Manuel García González e abono indemnización. Expte. 22441/220.

SEGURIDADE
21.- Devolución de aval a Profesionales Telefónicos S.L. constituído por obras na rúa Gran Vía 76. Expte. 81357/210.

URBANISMO
22.- Aprobación provisional da modificación puntual do PEPRI de Bouzas APR A-3-35. Expte. 11703/411.

VIAS E OBRAS
23.- Devolución de avais:
a) Sergeyco S.A. Expte. 62121/250.
b) Sánchez Álvarez S.L. Expte. 65181/250
c) UTE Segeyco S.A.-Ibérica de Sondeos. Expte. 62122/250.

24.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 4 de novembro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 2 de novembro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.