Escoitar

Caballero centra na reactivación económica a actividade de ProVigo, que creará comisións sectoriais

O alcalde e presidente da Fundación explicou este mércores que o eixo central da actividade de ProVigo será traballar na reactivación económica da cidade, para o que crearanse sendas comisións técnicas e sectoriais para gañar "dinamismo". O plan estratéxico da entidade, que nomeou a José Manuel García Orois como novo xerente, procurará manter as "contas positivas" e actuará en base á "austeridade".

mércores, 2 nov 2011
1320249759provigo.jpg
O alcalde e presidente de ProVigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o "núcleo central" da actividade da Fundación será a reactivación económica da cidade, e avanzou a creación de comisións técnicas e sectoriais para dar "máis dinamismo" á entidade.

Tras a reunión da permanente e do Padroado, Caballero informou das liñas do plan estratéxico de ProVigo na nova etapa que deu comezo hoxe co nomeamento de José Manuel García Orois como director xerente, unha persoa de "acreditado" traballo pola cidade e "dialogante" desde o seu posto na Cámara de Comercio de Vigo.

ProVigo creará, tal e como adiantou Caballero, unha comisión con técnicos de todos os membros do Padroado que reunirase mensualmente para avanzar nas cuestións plantexadas no mesmo, ademais de abrir comisións sectoriais dos principais polos de actividade económica da cidade.

"Creo que é un bo plantexamento", apuntou o alcalde, quen explicou asemade que a "austeridade" presidirá a acción da Fundación para manter as "contas positivas" de ProVigo. A este respecto, Caballero indicou que o novo director xerente non terá retribucións algunha no desempeño do seu cargo. O alcalde tamén reclamou á Deputación de Pontevedra que abone a súa débeda de 90.000 euros con ProVigo e indicou que o goberno autonómico ten as súas aportacións "prácticamente ao dia".

Outra finalidade nesta nova etapa da Fundación será a recuperación da relación entre ProVigo e os seus membros. Antes de finalizar o ano convocarase unha reunión de todos os integrantes do Pleno, á que serán convocados aqueles que causaron baixa por razóns económicas.
Descargar todas as imaxes