Escoitar
Anuncio De Igualdade

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro literario "Nós tamén escritoras"

venres, 4 nov 2011
Destinatarias: mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que non realizasen o mesmo obradoiro en anteriores convocatorias da concellería e que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.

Obxectivos: Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia.

Contidos:
Obradoiro de escrita creativa
A práctica do relato breve
Crear personaxes
Obradoiro de poesía

Imparte: Francisco Castro
Colabora: Editorial Galaxia
Período e horarios:
Martes 15 e 22 de novembro de 18:00 a 20:00 h

Inscricións: na concellería de Igualdade, ben a través do Tlf. 986 810 284 ou persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, por orde de inscrición e ata cubrir as prazas

Prazas límitadas.

Obradoiro gratuíto.