Un convenio con Caixanova permitirá restaurar e difundir a obra de Laxeiro
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron un convenio destinado á restauración da colección permanente da Fundación Laxeiro e á exposición itinerante da obra deste pintor por Galicia.
Príncipe destacou que ”é de xustiza recoñecer que, nos máis difíciles anos da historia do século XX, Caixavigo foi un raio de luz, de esperanza e de vida para centos de artistas galegos que puideron sobrevivir gracias ó mecenazgo e compromiso desta entidade crediticia e financeira”. O concelleiro sinalou tamén que Caixanova abriu a primeira sala de arte en Vigo e foi a meirande protectora da arte galega no século XX.
Este convenio permitirá a restauración do conxunto da colección permantente da Fundación Laxeiro, visitada anualmente por preto de 200.000 persoas, e a difusión da obra mediante a rotación dunha exposición do artista por diversos lugares de Galicia. Destinaranse 15.000 euros para a restauración e 42.000 euros para a exposición itinerante.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes