Escoitar

O próximo pleno aprobará o planeamento de Barreiro

xoves, 13 xuñ 2002
imx1546.jpg
Plano de Barreiro
O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou remitir ao próximo pleno da corporación municipal o Plan Especial que regulará o ámbito do antigo cuartel de Barreiro. A maior novidade da proposta de ordenación é a reducción da superficie para a construcción de vivendas de protección oficial a 4.000 m2, un 50% menos do inicialmente previsto.

O Peri de Barreiro ordena 103.851 m2. A meirande parte desa superficie, 80.000 m2, corresponde aos terreos do antigo cuartel adquiridos polo Concello. O Peri divide o ámbito en tres áreas artelladas a partir da rúa Ramón Nieto. A primeira zona, separada de Ramón Nieto por unha franxa verde de 40 m. de ancho, estará ocupada por equipamentos deportivos e comunitarios (xeriátrico, campo de futbol, piscina…). A segunda área corresponde á zona verde, un parque de 45.200 m2 no que haberá unha lagoa. Na parte superior desta zona construiranse as cen vivendas previstas. A terceira área do Peri corresponde ás parcelas particulares existentes no extremo máis alonxado de Ramón Nieto. Nesa zona permitirase a construcción de vivendas unifamiliares.

A construcción de 100 vivendas de protección oficial no Peri permitiralle ao Concello financiar a urbanización de todo o ámbito, que terá un custo estimado de 2.133.321 euros. O Peri recolle tamén a previsión de crear 754 prazas de aparcamento e un estudio sobre as medidas a adoptar para conservar as masas arbóreas existentes.

Descargar todas as imaxes